✍️ 🧑‍🦱 💚 Autor:innen verdienen bei uns doppelt. Dank euch haben sie so schon 418.243 € mehr verdient. → Mehr erfahren 💪 📚 🙏

Antroponimia medieval galega (ss. VIII–XII)

Antroponimia medieval galega (ss. VIII–XII)

von Ana Isabel Boullón Agrelo
Hardcover - 9783484555129
199,95 €
  • Versandkostenfrei
Auf meine Merkliste
  • Hinweis: Print on Demand. Lieferbar in 7 Tagen.
  • Lieferzeit nach Versand: ca. 1-2 Tage
  • inkl. MwSt. & Versandkosten (innerhalb Deutschlands)

Autorenfreundlich Bücher kaufen?!

Beschreibung

O propósito deste traballo é contribuír ó estudio lingüístico sobre os nomes de persoa na Galicia altomedieval. O corpus está formado por documentos éditos de Sobrado, Carboeiro, Samos, Xubia e Santiago, situados cronolóxicamente entre os ss. VIII e XII. Fíxose necesaria a confrontación cos orixinais, dado o número de erros presentes nas edicións. Tras tira-los nomes propios, contamos cuns 10.000 cadeas onomásticas, o que supón ó redor das 18.000 ocorrencias.

A partir deste material realizouse o estudio sobre o sistema de denominación persoal e a súa evolución: constatouse o paso da nominación única á utilización de segundos nomes, constituídos maiormente por outros nomes persoais en xenitivo ou cun sufixo patronímico ( -iz, mod. -ez ); en menor medida empregáronse sobrenomes (procedentes de alcumes, hipocorísticos e designativos profesionais) e nomes de orixe (topónimos e étnicos).

A seguir, considerouse a composición etimolóxica do material onomástico, reflexo da historia social e cultural: a escasa pervivencia do elemento prerromano, a entrada dos nomes latinos ou transmitidos polo latín (gregos e hebreos), a influencia do cristianismo, a extraordinaria difusión da onomástica xermánica e a débil repercusión da árabe. En cada un destes capítulos inclúese información estatística que reflicte as respectivas proporcións, os nomes máis usados, a evolución cronolóxica das formas, etc. Despois elaboramos un diccionario cos materiais onomásticos, agrupando as variantes baixo unha única forma normalizada; o número total de entradas ronda as 2140. En cada unha delas realizamos un estudio particularizado, que inclúe información etimolóxica e, de se-lo caso, fonética e histórica, así como outras posibles referencias bibliográficas. Por último, inclúese unha relación das modificacións feitas ás fontes revisadas, de tódalas formas tratadas e da bibliografía.

Details

Verlag De Gruyter
Ersterscheinung 18. Mai 1999
Maße 23 cm x 15.5 cm
Gewicht 1081 Gramm
Format Hardcover
ISBN-13 9783484555129
Auflage Reprint 2014
Seiten 558

Herstellerinformationen +