{"product_id":"antroponimia-medieval-galega-ss-viii-xii-von-ana-isabel-boullon-agrelo","title":"Antroponimia medieval galega (ss. VIII–XII)","description":"\n                                \n                \u003cp\u003eO propósito deste traballo é contribuír ó estudio lingüístico sobre os nomes de persoa na Galicia altomedieval. O corpus está formado por documentos éditos de Sobrado, Carboeiro, Samos, Xubia e Santiago, situados cronolóxicamente entre os ss. VIII e XII. Fíxose necesaria a confrontación cos orixinais, dado o número de erros presentes nas edicións. Tras tira-los nomes propios, contamos cuns 10.000 cadeas onomásticas, o que supón ó redor das 18.000 ocorrencias. \u003c\/p\u003e\n                                 \n                \n                \u003cp\u003e\n                                        A partir deste material realizouse o estudio sobre o sistema de denominación persoal e a súa evolución: constatouse o paso da nominación única á utilización de segundos nomes, constituídos maiormente por outros nomes persoais en xenitivo ou cun sufixo patronímico (\n                    \n                    \u003ci\u003e-iz,\u003c\/i\u003e\n                                         mod. \n                    \n                    \u003ci\u003e-ez\u003c\/i\u003e\n                                        ); en menor medida empregáronse sobrenomes (procedentes de alcumes, hipocorísticos e designativos profesionais) e nomes de orixe (topónimos e étnicos). \n                \n                \u003c\/p\u003e\n                                 \n                \n                \u003cp\u003eA seguir, considerouse a composición etimolóxica do material onomástico, reflexo da historia social e cultural: a escasa pervivencia do elemento prerromano, a entrada dos nomes latinos ou transmitidos polo latín (gregos e hebreos), a influencia do cristianismo, a extraordinaria difusión da onomástica xermánica e a débil repercusión da árabe. En cada un destes capítulos inclúese información estatística que reflicte as respectivas proporcións, os nomes máis usados, a evolución cronolóxica das formas, etc. Despois elaboramos un diccionario cos materiais onomásticos, agrupando as variantes baixo unha única forma normalizada; o número total de entradas ronda as 2140. En cada unha delas realizamos un estudio particularizado, que inclúe información etimolóxica e, de se-lo caso, fonética e histórica, así como outras posibles referencias bibliográficas. Por último, inclúese unha relación das modificacións feitas ás fontes revisadas, de tódalas formas tratadas e da bibliografía.\u003c\/p\u003e\n                            \n            \u003cdiv class=\"aw-variant-hidden-subtitle-div\" id=\"aw-variant-subtitle-9783484555129\"\u003e\u003ch3\u003e\u003c\/h3\u003e\u003c\/div\u003e","brand":"Libri","offers":[{"title":"Hardcover - 9783484555129","offer_id":51255796614,"sku":"9783484555129","price":199.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0940\/0622\/files\/33f35abc-59e6-47ce-87d6-beddc3dd86ed.jpg?v=1779596826","url":"https:\/\/shop.autorenwelt.de\/products\/antroponimia-medieval-galega-ss-viii-xii-von-ana-isabel-boullon-agrelo","provider":"Autorenwelt Shop","version":"1.0","type":"link"}